Quen somos

Mascotas

Contamos cunha ampla oferta en alimentación para mascotas: Royal Canin, Hill’s, Acana Origuen, Gosbi, Lenda, Affinity, Nature’s Variety, Hermann’s. Pienso ou alimentación húmida común ou de dieta, para diferentes necesidades.

Somos especialistas na súa saúde e hixiene e dispoñemos dos tratamentos prescritos habitualmente por veterinarios. Entre o noso persoal figura unha veterinaria que garante a calidade do servizo que ofrecemos.

Por último, vendemos complementos das mellores marcas como Kong, Flexi, Julius, Gloria, Trixie ou Hunter, entre outros. 

Dispoñemos de produtos para todo tipo de mascotas. Cans, gatos, pero tamén roedores ou tartarugas, entre outros.

Xardinería e horta

En Agrobotica Santiago temos unha gran variedade de sementes hortícolas, bulbos, plantas hortícolas e produtos ornamentais. Ofrecemos asesoramento especializado en tratamentos fitosanitarios profesionais ou autorizados para xardinería exterior doméstica (produtos JED).

Por outra banda, dispoñemos dunha ampla oferta de produtos ecolóxicos, de residuo cero e de loita biolóxica, para o control de pragas con tratamentos naturais.

A nosa tenda

Scroll ao inicio
Skip to content